Noticias
29 de outubro de 2009
A Selección Galega Sub-18 reclama os xuvenís Manuel e David

Os xuvenís do CD Burela FS Manuel Jiménez e David Rodríguez foron convocados polo seleccionador Santiago Valladares para o primeiro adestramento da Selección Galega Sub-18 de cara ao Campionato de España, cuxa fase previa se desenvolverá a finais de decembro. A devandita sesión preparatoria terá lugar o vindeiro luns 2 de novembro, ás 19.30 horas, no pavillón compostelán de Santa Isabel.

Xunto á representación laranxa, tamén están chamados a participar Antonio Diz, Ángel Trabada, Jorge Pérez e Diego Núñez, do Azkar Lugo; Pablo Tallón, Gonzalo Alonso, David Pazos e Marcos Fernández, do Autos Lobelle; Borja Pernas, Iván Rey, David e Roberto Bellas, do Puerto Celeiro; e Óscar Morgade mais Néstor Santiago, do Coruxo FS.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores