Noticias
29 de outubro de 2009
Reunións informativas da EDM Burela FS

A EDM Burela FS está preparando unha serie de reunións informativas dirixidas aos pais/nais do alumnado para a vindeira semana. As xuntanzas, que terán lugar na aula de usos múltiples do IES Monte Castelo, distribuiranse por equipos entre o mércores 4 de outubro e o venres 6. Xunto ao director da escola, Alfonso Mera, e a un representante da xunta directiva do Burela FS, cada monitor explicará a situación do seu equipo, o formato de competición na que participará e outras incidencias relacionadas coa tempada 2009-10.

Os horarios das reunións detállanse a continuación:

Martes 3 de novembro

18.00 horas – Prebenxamín B
18.30 horas – Benxamín C

Mércores 4 de novembro

17.30 horas – Alevín B
18.15 horas – Prebenxamín A
18.45 horas – Prebenxamín C
19.15 horas – Alevín A

Xoves 5 de novembro

17.40 horas – Benxamín B
18.00 horas – Infantil A
18.30 horas – Infantil B

Venres 6 de novembro

17.00 horas – Benxamín A

Seguindo os pasos dictados polo Ministerio de Sanidade e Política Social, a EDM Burela FS difundirá durante estes días entre o seu alumnado as medidas preventivas expostas polo Goberno en relación coa gripe A, facendo especial fincapé en que cada neno/a leve aos adestramentos a súa propia botella de auga para beber. Recomendacións: Lavar as mans con frecuencia; tapar a boca e o nariz cun pano de papel ao esbirrar e tusir e inmediatamente despois tirar o pano usado ao lixo; se o alumno/a está enfermo, evitar contaxiar a outras persoas seguindo os consellos dun profesional sanitario; evitar bicos e a proximidade, así como compartir vasos e outros obxectos que puideran estar en contacto.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores