Noticias
30 de outubro de 2009
O Burela Feminino visita as últimas posicións nas Canarias

O Burela FSF Pescados Rubén partiu hoxe dende Madrid con rumbo ás Canarias para enfrontarse mañá ao Teldeportivo FSF, outro dos recentes ascendidos, aínda que, situado nas últimas posicións, con poucas similitudes na traxectoria 2009-10 coas laranxas.

Ás 18.30 (hora canaria) dará comezo a loita de noveis na elite polos tres puntos. O pavillón Paco Artiles de Telde acollerá un encontro de contrastes; mentres as burelás, na terceira praza, están atravesando un excelente momento, con catro vitorias consecutivas, as insulares súmense nos postos de descenso, sendo antepenúltimas. O Teldeportivo chega á sétima cita de Honra tras a xornada de descanso cunha soa vitoria no seu reconto; as canarias estreáronse na casa ante o Pinto Cellosa Torrejón (4-3), despois de tres derrotas moi axustadas fronte ao Campillos (3-2), Cajasur (1-2) e Logroño (2-1).

Todos os efectivos laranxas estarán á disposición de Javier Pardeiro nas Palmas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores