Noticias
30 de outubro de 2009
O cadro de Suso Rey defenderá o liderado ante o perigoso Gijón-El Llano

O pavillón Vista Alegre acollerá mañá un encontro de altos voos na División de Prata. Será o correspondente á oitava xornada do Grupo Norte, na que o cadro de Suso Rey terá que defender o liderado -alcanzado a semana pasada en Illescas- ante o perigoso Gijón-El Llano. O duelo entre primeiro e terceiro clasificado arrancará ás 18.30 horas.

Non será unha tarefa nada doada a que se lle presenta ao Burela FS. Os asturianos levan unha excelente traxectoria na súa estrea en Prata; dende a primeira cita ligueira apuntan maneiras, roldando a parte alta da táboa, con cinco vitorias e dúas derrotas. O seu primeiro verdugo na tempada foi o Extremadura-Cáceres 2016, que se impuxo como local por un estreito 7-6. A segunda derrota chegou de forma inesperada e por goleada na xornada pasada, ante o Valverde; o Gijón-El Llano non soubo reaccionar ante o xogo dun rival a priori dos accesibles, que ocupa a antepenúltima posición (6 puntos).

A boa nova do vestiario laranxa para este partido é o regreso do capitán, Juanma, co contrapunto da ausencia de Christian, cunha posible escordadura de xeonllo. Suso Rey convocou, unha semana máis, ao xuvenil Manuel.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores