Noticias
11 de novembro de 2009
A Pataca Naranxa animará o Burela FS en León, o 29 de novembro

A peña A Pataca Naranxa viaxará o vindeiro 28 de novembro cos seus socios/as a terras leonesas para apoiar o Burela FS no seu encontro da duodécima xornada de Prata fronte ao OYE Ram, previsto para o domingo 29, ás 12.00 horas.

A expedición pataqueira partirá de Burela o sábado, ás 14.30 horas. O prezo será de 35 euros e incluirá aloxamento, almorzo e comida do domingo e entrada para o partido.

Todas aquelas persoas que queiran sumarse á festa laranxa poderán facer a súa reserva ata o luns 23 de novembro ingresando a antedita contía en La Caixa (2100-2460-84-0200039874).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores