Noticias
13 de novembro de 2009 Foto: Carlos Echevarría
As pupilas de Pardeiro reciben o histórico Atlético de Madrid en desafío directo

Tras o seu primeiro descanso en Honra, as pupilas de Pardeiro volven mañá á liga da elite en Vista Alegre, coa visita do histórico Atlético de Madrid Navalcarnero. A bomboneira albergará un desafío directo a partir das 18.30 horas entre o sempre sólido conxunto madrileño, que ocupa a terceira posición (16 puntos), e o novel Burela FSF Pescados Rubén, que é cuarto (15 puntos).

O cadro laranxa recibirá na súa casa un rival de envergadura, un dos grandes do fútbol sala español. Cunha década percorrendo as pistas de Honra, o palmarés do Atlético de Madrid intimida ao máis forte dos equipos, cos títulos de subcampión de liga entre 2004 e 2008, campión da Copa en 2007 e 2008 e da Supercopa en 2009.

Para saír vitorioso desta fazaña, o Burela FSF Pescados Rubén ao completo estará en disposición de saltar á pista de Vista Alegre, con plena concentración e coraxe para non conceder ningunha licenza ao antigo equipo da laranxa Souza.

Na cabeza da táboa, a novena xornada enfrontará o líder, Cajasur Córdoba, co Móstoles FSF (quinto) e o segundo, Femesala Elche, co Gironella (duodécimo).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores