Noticias
18 de novembro de 2009
Visita do equipo feminino ao centro burelao de Elena Varela Peluquerías

O Burela FSF Pescados Rubén visitou a semana pasada o centro burelao de Elena Varela Peluquerías, un dos principais patrocinadores con que conta o primeiro equipo feminino laranxa na tempada 2009-10. A propietaria da firma galega, Elena Varela, recibiu no seu negocio de estética a xogadoras e corpo técnico, que acudiron á cita acompañados polo directivo do club Luis Antonio Guillén.

Ademais de coñecer as instalacións e poder gozar dalgúns dos seus servizos, as deportistas intercambiaron impresións con Elena Varela sobre a súa experiencia na elite futbolística. 

A empresa patrocinadora do Burela FSF leva 18 anos dando solucións en materia de estética. Na actualidade posúe dous centros de beleza, en Burela e na Coruña, que ofrecen completos servizos en perruquería e tratamentos capilares e faciais, ademais de depilación láser.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores