Noticias
18 de novembro de 2009
Xuvenís e cadetes enfrontaranse ao Azkar en competición, este xoves

Os equipos xuvenil e cadete do CD Burela FS viaxarán mañá, xoves, á cidade amurallada para enfrontarse ao Azkar Lugo nas súas respectivas competicións.

Na Liga Nacional Xuvenil, os pupilos de Javier Pardeiro mediranse aos transportistas na cuarta xornada; será no pavillón municipal dos Deportes lugués, ás 19.30 horas. Despois de dúas derrotas –Autos Lobelle e Puerto Celeiro- e da xornada de descanso, o cadro laranxa loitará polos seus primeiros puntos.

Na Liga Autonómica Cadete, o conxunto dirixido por Marcelo Santoro ‘Neco’ disputará a quinta xornada colocado no ecuador clasificatorio, con 3 puntos, ante o segundo da táboa, con 9 puntos e un partido menos. O Centro Deportivo Terra acollerá o encontro a partir das 17.00 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores