Noticias
20 de novembro de 2009
O Avilés chega a Vista Alegre como unha das sorpresas do Grupo Norte

Na undécima xornada de Prata, chega a Vista Alegre o Avilés Oquendo como unha das sorpresas do Grupo Norte 2009-10. O CD Burela FS recibirá os asturianos, empatados a 16 puntos e ocupando a sétima e sexta praza respectivamente.

A partir das 18.30 horas, mañá a afección laranxa poderá deleitarse cun encontro moi rifado. Ambos os dous conxuntos precisan puntuar para non distanciarse en exceso dos primeiros postos (Talavera -21-, Arenas Gáldar -19- e Gijón-El Llano -19-) e ningún amosará condescendencia.

O cadro de Suso Rey terá que facer valer a súa experiencia na categoría, ademais do factor cancha, fronte a un rival novel que destacou dende o comezo de tempada, coñecendo só a vitoria nas cinco primeiras xornadas. Non obstante, os triunfos ante OPDE Ribera Navarra, Extremadura Badajoz, Valverde, FC Andorra e La Muela-Aragón deron paso a resultados menos doces; co Lanzarote Tías Yaiza, na sexta xornada, o Avilés coñeceu o sabor da derrota en Prata e dende aquela só foi quen de puntuar, como local, ante o Camping-El Escorial.

Nesta ausencia de vitorias, os asturianos arribarán a Burela con boa parte do cadro recuperado, tras verse obrigados a aprazar o encontro da xornada pasada, ante o Illescas, pola baixa médica de varios xogadores, afectados de gripe A e gripe común. En canto ao vestiario laranxa, a escordadura de nocello manterá a Christian apartado das pistas unha semana máis e o xuvenil Manuel volverá entrar na convocatoria de Suso Rey.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores