Noticias
22 de novembro de 2009
O Zaragoza cortou a serie triunfal do Burela logo de vencer por 5-2 cunha arbitraxe moi caseira

O Natudelia.com Zaragoza, favorecido por unha arbitraxe moi caseira, cortou a etapa triunfal do Burela FSF Pescados Rubén ao que derrotou por 5-2. O conxunto mariñán saltou á pista con decisión e levou o peso do choque pero as mañas aproveitaron dous rápidos contragolpes, culminados por Eva Ortega e Pascu, para situarse cun 2-0 inmerecido. O Burela gozou de ocasións para recortar a diferenza antes do descanso pero foi incapaz de aproveitalas.

No segundo período a historia volveu repetirse; as locais sorprenderon de novo ás laranxas e lograban distanciarse co 3-0. Con este marcador e a falta de 15 minutos para o final, Javier Pardeiro decidiu utilizar o recurso de porteira-xogadora e o Burela case consegue a remontada. Primeiro foi Lucía a encargada de marcar o 3-1 e Claudia logrou o 3-2 que levou os nervios á escuadra local. As oportunidades laranxas continuaron chegando aínda que sen o acerto da fase anterior e un erro na circulación de balón propiciou que Bárbara lograse o 4-2 para tranquilizar o seu equipo. O Burela seguiuno intentando pero Mónica selou o triunfo zaragozano tras marcar o 5-2 final.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores