Noticias
26 de novembro de 2009
Adestramentos coa Selección Galega Sub-18

Os xuvenís do CD Burela FS Manuel Jiménez e David Rodríguez foron reclamados, por terceira vez no que vai de mes, polo seleccionador galego Santiago Valladares na preparación do combinado sub-18 para o Campionato de España de decembro. O adestramento está programado para o vindeiro luns, 30 de novembro, ás 17.00 horas, no pavillón de Pontepedriña, en Santiago de Compostela.

Xunto aos xogadores laranxas, tamén foron convocados para a devandita sesión Antonio Diz, Ángel Trabada, Jorge Pérez e Diego Núñez, do Azkar Lugo; Pablo Tallón, Gonzalo Alonso, David Pazos e Marcos Fernández, do Autos Lobelle; Borja Pernas, Iván Rey e Roberto Bellas, do Puerto Celeiro; e Óscar Morgade mais Néstor Santiago, do Coruxo FS.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores