Noticias
29 de novembro de 2009
Os laranxas desartellan a defensa leonesa (0-3) e regresan ao podio Norte

O primeiro equipo masculino pecha con broche de ouro a fin de semana para o CD Burela FS. O triunfo na pista do OE Ram León (0-3) catapulta os laranxas de novo ás posicións do podio con 22 puntos, tras Grupo de Empresas Talavera (25) e Gijón-El Llano (23).

O conxunto de Suso Rey chegaba ao Palacio dos Deportes coas cousas moi claras e a motivación dos máis de oitenta afeccionados/as mariñáns que se achegaron ata a cidade leonesa, con nutrida representación da peña A Pataca Naranxa. A pesar das tentativas laranxas, a portería de Mañanes soubo resistirse; non foi ata o minuto 17 que Dani Martín puido adiantar os burelistas, resultado de 0-1 co que o equipo arbitral anunciaba a chegada do tempo de descanso.

No entanto, con ese magnífico ambiente na bancada, o Burela FS seguiu despregando a súa verticalidade no segundo período ata que, de novo, o salmantino repetiu diana no minuto 26. Co 0-2, os leoneses intentaron a remontada coa presión, sen poder perforar a meta de Edu. Antes de chegar o 0-3 (minuto 39) das zapatillas do capitán, Juanma, unha polémica arbitraxe desencadeou na expulsión do técnico laranxa. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores