Noticias
4 de decembro de 2009 Foto: Carlos Echevarría
O Burela FSF chega a Barcelona para disputar un duelo de extremos

Duelo de noveis, pero tamén de extremos, será o que depare a duodécima xornada de Honra Feminina no pavillón catalán de Can Roca. O Burela FSF Pescados Rubén arribou hoxe a Barcelona para enfrontarse mañá, ao FSF Castelldefels, outro dos debutantes na elite futbolística 2009-10, aínda que con peor fortuna cás laranxas no seu percorrido actual polas pistas españolas.

Ás 16.30 horas dará comezo o encontro entre a cara, das burelás –son terceiras, con 21 puntos-, e a cruz, das castelldefelenses –son penúltimas, con 5 puntos-. Cunha notable distancia na clasificación, o cadro de Javier Pardeiro visitará a pista catalá coa precaución habitual de todos os seus encontros; o conxunto laranxa é consciente de que, a pesar dos seus bos resultados, segue a ser un dos inexpertos da categoría e precisamente por este descoñecemento dos rivais calquera equipo pode resultar perigoso, sobre todo se ten o factor cancha  a favor. No caso do conxunto catalán, este é un dato a ter en conta polas laranxas, posto que a única vitoria que recolleu ata o momento o Castelldefels foi no Can Roca, ante outro dos ascendidos nesta tempada, o CD Campillos, que se impuxo ás burelás por 3-5 en Vista Alegre.

Nesta cita, o técnico laranxa cumprirá o seu segundo e último partido de sanción, tras o castigo imposto pola RFEF ante o Natudelia.com Zaragoza. O Burela FSF chega ao encontro coa maioría do cadro en bo estado, agás Irene; a gardameta mindoniense arrastra unha escordadura leve de pulso e nocello a raíz dun choque cunha xogadora do Ponte Ourense, a semana pasada.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores