Noticias
5 de decembro de 2009
O conxunto feminino cae en Castelldefels (7-5) logo dun primeiro tempo brillante

O equipo que dirixe Pardeiro viuse sorprendido no segundo tempo, logo de rematar a primeira parte con vantaxe (1-3). Souza, en dúas ocasións, e Lucía anotaron nos primeiros vinte minutos, nos que as xogadoras laranxas dominaron o encontro.

Tras o descanso, as locais remontaron ata en tres ocasións ata que, nos minutos finais, conseguiron adiantarse definitivamente grazas aos goles de Sandra e Alejandra (Kana). Malia a derrota, as burelás seguen nas posicións de privilexio e aspiran a clasificarse para a Copa de España.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores