Noticias
9 de decembro de 2009 La Voz de Galicia
O Burela avanza na ruta trazada para ser campión de inverno

O final da primeira volta está moi preto e o Burela FS conserva intactas as súas esperanzas e posibilidades de proclamarse campión de inverno no Grupo Norte da División de Prata. O equipo mariñán cubriu máis da metade do camiño que deseñou hai pouco menos dun mes para alcanzar o cumio da clasificación antes de 2010, cando arrinca a segunda parte do campionato.

Foi o seu técnico o que trazou a ruta logo de perder ante o Gáldar. “Se gañamos os cinco próximos partidos seguro que acabamos a primeira volta primeiros ou segundos”, dixo entón Suso Rey. O Burela non só gañou xa tres deses cinco compromisos e regresou ao podio da táboa, senón que ademais medrou como equipo. “Estamos empezando a adquirir cousas que nos faltaban, como o acerto na finalización e a execución das transicións”, destacou o preparador despois do plácido enfrontamento co Ribera de Navarra, ao que derrotou por 4-1 sen grandes esforzos. “Fixemos moitas cousas ben, aínda que é verdade que o rival non nos creou grandes complicacións porque está nunha mala dinámica e cústalle xogar ante marcadores adversos”, apuntou Suso Rey.

En vista do excelente transcurso do encontro, o preparador burelao optou por dar entrada ás promesas do equipo. Turero e Manuel volveron gozar de minutos e o meta Brais fixo o seu debut en Prata. “Os tres merecíano”, apuntou o técnico.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores