Noticias
10 de decembro de 2009
A Pataca Naranxa e Cruz Vermella promoven un Nadal solidario

Como xa é habitual nestas datas, a peña A Pataca Naranxa colabora coa Cruz Vermella de Burela na campaña de recollida de xoguetes do Nadal. A iniciativa solidaria “Un xoguete, unha ilusión” contribúe coa súa particular achega para que os máis pequenos reciban un agasallo nestes días tan entrañables.

A afección laranxa poderá depositar as súas doazóns no pavillón Vista Alegre, de luns a venres pola tarde, coincidindo coa apertura das instalacións deportivas para os diferentes adestramentos, e nos encontros dos primeiros equipos burelistas na casa en decembro, o 12 (Burela FSF-Diamante La Rioja) e o 19 (Burela FS-Valverde). A campaña estará activa ata finais de mes.  

No sexto ano de implicación do colectivo burelista, A Pataca Naranxa habilitará un servizo de recollida a domicilio, que se poderá concertar a través do número de teléfono 607 74 87 86. O local da Cruz Vermella, na rúa do Porto, será outro dos puntos de recepción de xoguetes (982 58 14 52).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores