Noticias
14 de decembro de 2009
O club sorteará unha cesta doada por Gadis no encontro Burela FS-Valverde

No último partido de 2009 e xa impregnados do espírito de Nadal, o CD Burela FS sorteará o vindeiro sábado, 19 de decembro, unha cesta con produtos típicos destas datas cedida pola empresa galega de supermercados Gadis. O directivo da entidade laranxa Antonio Couto recibiu esta doazón das mans da encargada de Gadis en Burela, Inés Díaz, a semana pasada.

Os boletos poderán adquirirse durante a primeira parte da cita que enfrontará o Burela FS e o Valverde, no final da primeira volta do Grupo Norte de Prata. O gañador/a do sorteo darase a coñecer durante o tempo de descanso, quen poderá adozar a chegada de 2010 cun lote de Nadal de primeira calidade.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores