Noticias
16 de decembro de 2009
As empresas da Mariña mostran o seu apoio á base laranxa

O CD Burela FS ten na base o seu alicerce máis sólido; un garante de futuro para fútbol sala ao que diversas empresas da Mariña veñen mostrando o seu fiel apoio. En 2009-10, os dez equipos da Escola Deportiva Burela FS, entre prebenxamín e infantil, lucirán na súa equipación de adestramento os logos de sete tradicionais colaboradores do club e, en especial, das súas categorías inferiores; son os establecementos hostaleiros A Parrillada de Jandro e Cafetería Vista Alegre, Kessarys Joyeros, a franquía informática Beep, o taller eléctrico Tehmar SL e a axencia Viajes Ecuador, todos eles situados en Burela, ademais do sponsor oficial do club, Living Sport, de Foz.

Xunto á axuda institucional, a firme aposta polo fútbol sala en Burela de moitas das entidades privadas representativas da bisbarra artella o fortalecemento do proxecto deportivo laranxa, que dende 2007-08 xestiona a escola municipal. Na presente tempada, uns 150 rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos visten a camisola do Burela FS nas competicións de ámbito comarcal e autonómico.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores