Noticias
18 de decembro de 2009 Foto: Carlos Echevarría
Móstoles, aínda máis difícil

O Burela FSF Pescados Rubén intentará despedir o ano o máis arriba posible, tras pasar por unha pista das máis difíciles da División de Honra, a do FSF Móstoles Cospusa. O pavillón Villafontana acollerá o encontro da décimo cuarta xornada mañá, a partir das 18.30 horas.

O Burela FS viaxa hoxe a Madrid moi concentrado ante o gran reto que o agarda en Móstoles. O conxunto local é un dos candidatos incondicionais ao título, moi acostumado ao podio da elite feminina nas últimas tempadas. Nestes momentos, fronte aos 24 puntos e á quinta posición das laranxas, 26 puntos outórganlles ás mostoleñas a terceira praza da táboa, ademais de ser o máximo goleador, con 73 tantos en 12 partidos.

Este será o reencontro de dous técnicos que xa se viron as caras na División de Prata masculina en 2005-06 e 2006-07, sendo o mostoleño David Zamorano preparador do Pinto e Javier Pardeiro dirixindo o Burela FS. Para o preparador laranxa, este é un dos desprazamentos máis complicados do calendario: “O rival desta xornada é un dos históricos da categoría, cun verdadeiro fortín en Villafontana; deberemos estar máis compenetrados ca nunca para bloquear a súa contundente finalización, que vén de demostrar co 2-11 ante o Teldeportivo, a xornada pasada, ou o 19-1 ante o Campillos”.

Pola súa banda, David Zamorano recoñece a boa traxectoria da escuadra burelá. “É bo que haxa equipos que acabando de ascender fagan as cousas ben dende o comezo e non renuncien a nada, e por iso opten aos postos altos da clasificación. Este partido reflectirá o nivel da competición”, asegurou o madrileño.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores