Noticias
20 de decembro de 2009
Os pupilos de Suso Rey desaproveitan a oportunidade de escalada ante o Valverde (2-4)

O Burela FS chega ás vacacións de Nadal cun sabor agridoce despois da súa derrota ante o Valverde, nos postos baixos do Grupo Norte. De nada lles serviu aos pupilos de Suso Rey a calor da afección laranxa en Vista Alegre nun encontro onde a imprecisión os condenou a un continuo remolque (2-4).

A pesar de dominar boa parte do partido e chegar en numerosas ocasións á meta rival, o Burela FS non estivo acertado fronte ao que arribaba á Mariña como vicepechacancelas do grupo. Co 0-1 e con moitos minutos aínda por diante, os xogadores mariñáns marchaban ao descanso con opcións de remontar.

Na segunda parte, Javi Rodríguez foi o encargado de reducir as distancias (1-2) tras unha finalización exitosa dos segovianos. Con Purao vestindo a camiseta de porteiro-xogador chegou o 1-3, nun duelo de extremos que se intensificou no tramo final, cunha nova esperanza laranxa grazas ao lanzamento do seu pichichi, Dani Martín, que sentenciou o Valverde case co asubío final.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores