Noticias
22 de decembro de 2009
O Burela FS, axudante de Papá Noel por un día

O CD Burela FS realizou onte a súa tradicional visita á sección de Pediatría do Hospital da Costa da vila. Xunto aos xogadores e xogadoras dos primeiros equipos Purao, Revilla, Dolo e Souza, tamén acudiron os directivos José Luís Sáez e Marcelino Luna.

Na súa tarefa de axudantes de Papá Noel por un día, os representantes laranxas conversaron cos nenos hospitalizados, moi ilusionados coa visita, e entregáronlles diversos agasallos no nome da entidade burelá e dos seus socios/as, ademais de desexarlles unha pronta recuperación.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores