Noticias
23 de decembro de 2009
A Mariña inicia hoxe o Campionato de Seleccións Locais en Burela con 18 xogadores da base laranxa

A selección da Mariña inaugurará hoxe o Campionato de Seleccións Locais Base en Vista Alegre cun total de 18 xogadores da canteira laranxa nas súas filas, entre as categorías de benxamín e cadete. O combinado de Lambre será o rival para este primeiro enfrontamento.

Os benxamíns, cos burelaos Luismi, Nito e Néstor, saltarán á pista ás 16.00 horas; despois tocaralles aos alevíns (17.00 horas), cos alumnos laranxas Aarón, Álex, Dani e Arón; unha hora máis tarde A Mariña medirase a Lambre en infantís, con Miguel, Jacobo, Isaac, Adrián, Cristian, Jorge e Renato. A categoría cadete pechará a xornada ás 20.00, cos burelaos Miguel, Daniel, Noé e Alejandro.

Xunto a esta ampla representación de xogadores, a escola deportiva do Burela FS tamén estará presente no corpo técnico da selección da Mariña, con Carlos Méndez como segundo adestrador do equipo cadete.

O vindeiro encontro para os mariñáns será como visitantes ante o combinado de Ferrol, o vindeiro martes, 29 de decembro. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores