Noticias
28 de decembro de 2009 Foto: Fundación Azkar
Os infantís cóanse na final do 'Cidade de Lugo'

O conxunto infantil da EDM Burela FS disputará hoxe a gran final da fase previa do VIII Torneo Internacional de Base ‘Cidade de Lugo’. A partir das 19.00 horas, os burelaos loitarán por unha praza na segunda fase (2-4 de xaneiro), ante o Láncara, no Pazo Municipal dos Deportes da capital luguesa.

Despois das dúas vitorias de grupo, ante CD Barval (4-3) e EDM Quiroga (3-0), co contundente triunfo fronte ao Salesianos (6-1), en semifinais, o equipo laranxa terá a oportunidade de acceder á fase nacional/internacional do ‘Cidade de Lugo’.

Estas semifinais tamén tiveron representación burelá na categoría alevín. Os mariñáns caeron ante o Azkar (7-3), tras impoñerse ao EDM Concello de Curtis (3-4) e Troula (0-8).

Os outros dous conxuntos do CD Burela FS que participaron no torneo lugués, benxamíns e cadetes, tan só tiveron opción á primeira eliminatoria. Os máis pequenos regresaron á casa cun empate fronte ao EDM Concello de Curtis (6-6) e unha derrota ante o Azkar (3-0). Os cadetes sucumbiron ao Bueu (4-8) e Os Meigallos (1-8).
 
Resultados da fin de semana:

Categoría benxamín

EDM Concello de Curtis 6-6 EDM Burela FS
Azkar Prone 3-0 EDM Burela FS  
  
Categoría alevín

EDM Concello de Curtis 3-4 EDM Burela FS
Troula B 0-8 EDM Burela FS   
 
Categoría infantil
   
EDM Burela FS 4-3 CD Barval
EDM Burela FS 3-0 EDM Quiroga  
 
Categoría cadete
  
CD Burela FS 4-8 Bueu
CD Burela FS 1-8 Os Meigallos

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores