O Club Deportivo Burela FS está inmerso na súa sétima temporada na División de Prata desde que fixo o seu debut en 2003/04. Tras varios anos con aspiracións ao ascenso, parece que o grupo formado para esta campaña pode ser o que conduza, por fin, ao conxunto galego con destino á elite do fútbol sala español. Suso Rey, míster do cadro laranxa, analizou, para www.lnfs.es, as opcións dos seus de lograr o tan pretendido ascenso.
Pese a perder no último encontro fronte ao Valverde del Majano no seu propio feudo, Suso Rey está moi contento co rendemento dos seus xogadores: “Non cabe dúbida de que nos doeu a última derrota, pero creo que non debemos cambiar nada porque o equipo está moi mentalizado respecto á liña que temos que seguir”. [...]
[+ inf. en LNFS]