Noticias
29 de decembro de 2009
Inicio prometedor para o combinado galego sub-18

O combinado galego sub-18 comezou esta mañá a súa aventura na fase previa do Campionato de España de Seleccións Territoriais cun inicio prometedor. En Santiago de Compostela, os anfitrións, co xuvenil burelao Manuel Jiménez no cinco inicial, impuxéronse por un convincente 0-5 ante o País Vasco, que viña de perder co terceiro en discordia do Grupo IV, Aragón (4-6).

Os de Santiago Valladares disputarán o seu segundo, e último, partido da fase mañá ante Aragón, a partir das 12.00 horas, no pavillón de Santa Isabel. Aos galegos chégalles cun empate para quedar primeiros de grupo e, polo tanto, acceder á seguinte eliminatoria, prevista para o mes de marzo.

OUTROS RESULTADOS

Grupo I- Sede Melilla (clasifícanse os dous primeiros)
Canarias 1-15 Andalucía
Melilla 4-0 A Rioxa

Grupo II- Sede Eivissa (clasifícase o primeiro)
Madrid 5-1 Valencia
Valencia 5-4 Baleares

Grupo III- Sede Murcia (clasifícase o primeiro)
Cataluña 9-5 Asturias
Asturias 7-9 Murcia

Grupo V- Sede Badaxoz (clasifícase o primeiro)
Castela-A Mancha 4-4 Castela e León
Castela e León 3-5 Estremadura

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores