Noticias
30 de decembro de 2009
Os benxamíns acudirán á segunda fase do 'Cidade de Lugo'

A EDM Burela FS volve ao VIII Torneo Internacional de Base ‘Cidade de Lugo’ co equipo Benxamín A como convidado na segunda fase, que se disputará entre o 2 e o 4 de xaneiro.

Inseridos no Grupo A, os benxamíns laranxas terán que medirse ao Azkar Lugo e Club del Mar San Amaro, ademais do Azkar Prone, que accede a esta eliminatoria como campión da primeira fase (26-28 de decembro). Os mariñáns entrarán en semifinais no caso de quedar entre os dous primeiros clasificados de grupo.

Nesta quenda do torneo lugués participarán 28 equipos convidados entre as categorías de benxamín e cadete, ademais dos gañadores da primeira fase.

 

Sábado 2 de xaneiro

17.00 horas EDM Burela FS-Azkar Prone
Localización: Centro Deportivo Terra

 

Domingo 3 de xaneiro

9.00 horas Azkar Lugo-EDM Burela FS
18.00 horas Club del Mar San Amaro-EDM Burela FS
Localización: Centro Deportivo Terra

 

Luns 4 de xaneiro

10.00 horas SEMIFINAL Campión Grupo A-Subcampión Grupo B
11.00 horas SEMIFINAL Campión Grupo B-Subcampión Grupo A

Localización: Centro Deportivo Terra

 

16.00 horas FINAL

Localización: Pazo Municipal dos Deportes

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores