Noticias
30 de decembro de 2009
Manuel estrea portería no pase de Galicia Sub-18 á final nacional

O xogador do CD Burela FS Manuel Jiménez contribuíu esta mañá co seu acerto goleador á vitoria de Galicia Sub-18 ante Aragón por 4-2, resultado que mete o combinado de Santiago Valladares na final do Campionato de España de Seleccións Territoriais, prevista para o mes de marzo.

Nesta segunda xornada da fase previa, o xuvenil laranxa, que repetiu no cinco inicial, marcou o segundo tanto galego de dobre penalti. O outro convocado burelista, o gardameta David Rodríguez, terá que esperar á fase final para gozar de minutos.

Andalucía e Melilla, do Grupo I, Madrid, do II, Cataluña, do III, e Castela-A Mancha, do V, tamén disputarán a última quenda do nacional. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores