Noticias
31 de decembro de 2009
Claudia, Dolo e Lidia adestrarán con Galicia o 3 de xaneiro

As xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén Claudia, Dolo e Lidia foron reclamadas pola adestradora galega, María Varela Bardanca, para unha nova sesión preparatoria do Campionato de España de Seleccións Territoriais (7-10 de xaneiro de 2010). Será o vindeiro domingo, 3 de xaneiro, no pavillón coruñés do Ventorrillo, a partir das 18.00 horas.

Das filas laranxas tamén foi convocada con Galicia Lucía, que non poderá asistir por unha lesión que arrastra dende o último encontro de liga, en Móstoles. Completarán o adestramento Alba e María, do Viaxes Amarelle; Beatriz, Marta, Cecilia e Sara, do Ponte Ourense; Sonia, Natalia e Iria, do Cidade das Burgas; Yolanda e Silvia, do Leis FS; e Rosario e Lucía, do Combarro FS.

Rivais

A Selección Galega Feminina Absoluta disputará a fase previa do nacional en Ourense. Integrada no Grupo 3, terá que medirse o 9 de xaneiro (12.00 horas) ao combinado perdedor do duelo Madrid-Cantabria. O día 10 (12.00 horas) as xogadoras de María Bardanca enfrontaranse ao gañador do devandito encontro. Neste grupo tan só accederá á final o primeiro clasificado.

Con sede en Bilbao, o Grupo I estará composto polas Baleares, Cataluña, País Vasco e Castela-A Mancha. En Xaén xogarán Murcia, Comunidade Valenciana, Andalucía e Canarias, no Grupo II. Por último, Logroño acollerá o Grupo IV, con Estremadura, Aragón e A Rioxa.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores