Noticias
31 de decembro de 2009
O Burela FS inaugura 2010 con partido benéfico ante o Deportivo de Veteranos

O primeiro equipo masculino do CD Burela FS inaugurará 2010 cun partido benéfico ante o Deportivo de Veteranos. Será o primeiro domingo do ano, 3 de xaneiro, no pavillón municipal de San Marcos de Abegondo, a partir das 17.30 horas.

O devandito encontro de exhibición está integrado na décima edición do torneo coruñés ‘Mételle un Gol ó Cancro’ (2-3 de xaneiro), que organizan o CD Mabegondo e o xornal galizasport.com, co Centro Oncolóxico de Galicia como destinatario da recadación íntegra.

O duelo Deportivo de Veteranos-Burela FS servirá de colofón a dous días nos que as instalacións deportivas de Abegondo acollerán 16 equipos coruñeses en competición, nas categorías feminina (CD Mabegondo, Sada FS, As de Sempre, Viejas Glorias, Viaxes Amarelle FSF, As de Ferrol, R. Trillo e Cervecería A Dorna) e masculina (CD Mabegondo, Sada FS, CD Atalantes, Futgol, Cafetería Internacional, Ventorrillo FS, La Coruña FS e Manureva).

Entre as filas laranxas, o técnico Suso Rey poderá contar co regreso de Christian, totalmente restablecido, e co xuvenil Alejandro Vijande. Minu, André e Javi Rodríguez perderán o encontro. 

A entrada ao torneo será gratuíta; a organización agradece a colaboración mediante a compra de rifas para distintos premios que se sortearán durante a fin de semana.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores