O alumno da EDM Burela FS Néstor Valle, do Benxamín C, adestrará mañá coa Selección Galega; a sesión está prevista para as 18.00 horas, no pavillón santiagués de Restollal.
Néstor convértese no quinto membro do CD Burela FS convocado por Galicia para esta semana. Co combinado sub-20 prepararanse hoxe os xogadores do primeiro equipo masculino Brais e Turero, xunto ao xuvenil Manuel; será no pavillón compostelán de Pontepedriña, ás 17.00 horas. Ao infantil laranxa Miguel tocaralle adestrar mañá, na mesma cidade e á mesma hora, nas instalacións deportivas de Restollal.