Noticias
2 de febreiro de 2010 Foto: Manuel Cao
O club considera “innecesaria” a denuncia do Valladolid FSF pola suposta aliñación indebida de Jozi

O CD Burela FS respondeu hoxe mesmo á denuncia formulada polo Club Valladolid FSF diante do Comité Nacional de Fútbol Sala con respecto á posible aliñación indebida de Jozi no partido xogado a pasada fin de semana en Burela. José Ramón González, en calidade de presidente, fixo chegar un documento de alegacións no que se reflicte claramente a legalidade do procedemento por parte da entidade laranxa.

Tal e como se menciona no texto de alegacións, “Joziane de Oliveira posee el certificado internacional con registro de salida de la misma Federación fechado el pasado 14 de diciembre de 2009, del cual se adjunta copia”. Ademais, Jozi conta coa autorización de xogo pertinente, que outorga a Real Federación Española de Fútbol, e que foi datada o 22 de xaneiro de 2010.

A directiva burelá considera “excesiva e innecesaria” esta reclamación “logo de acadar as nosas xogadoras a clasificación para a Copa de España na pista e con todos os méritos”. En todo caso, a tranquilidade é total no seo do CD Burela FS, e non existe ningunha dúbida de que a denuncia formulada carece de fundamento.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores