Noticias
3 de febreiro de 2010
Antón Bao e Antón Veiga visitarán a Escola do Burela FS

A Escola do Burela FS recibe o xoves día 4 a visita de Antón Bao e Antón Veiga, vicepresidente e responsable da área de Deportes e Cultura, respectivamente, da Deputación de Lugo.

O encontro está enmarcado no convenio asinado pola Deputación e a entidade laranxa, onde se inclúe o seguimento das actividades por parte de ente provincial. Unha vez finalizada a visita á Escola, Antón Bao e Antón Veiga visitarán as oficinas do club onde a directiva fará unha recepción e informará aos representantes provinciais dos diferentes aspectos que engloban ao club burelense.

Os representantes da entidade laranxa aproveitarán esta visita para amosar o seu agradecemento á Deputación Provincial de Lugo, polo apoio prestado todos os proxectos do CD Burela FS.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores