|
Mércores, 8 de Setembro de 2010
Visitante nº
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Viernes, 5 de Febrero de 2010
O Burela FSF comeza a segunda volta exultante, ante o Gironella (domingo 7, 12.30 horas)
![]() Tras conseguir o billete para a Copa de España 2010, o Burela FSF Pescados Rubén comeza esta fin de semana o segundo capítulo do seu periplo na elite futbolística, co arranque da segunda volta, ante o Gironella. Será en Vista Alegre, o domingo, ás 12.30 horas. As pupilas de Javier Pardeiro estarán exultantes fronte a fronte co seu primeiro rival e primeiro verdugo da División de Honra; ante o Gironella, o Burela FS foi vítima da inexperiencia na categoría, quedando bloqueado por 4-0. Despois deste comezo inestable, o conxunto laranxa soubo repoñerse paseniño ata acadar a súa actual sexta posición (30 puntos). A traxectoria das catalás, coa undécima praza (20 puntos) nestes momentos, experimentou algún altibaixo máis, cunha boa recta final na primeira volta: dous empates, ante 4 Arcos Kupsa Logroño (3-3) e UCAM Murcia (1-1), e dúas vitorias, fronte a Pinto Cellosa Torrejón (2-4) e Teldeportivo (1-6). Ro será a única do Burela FSF para a cita ante o Gironella; a xogadora laranxa arrastra molestias nun pé dende hai un par de días. Foto: Carlos Echevarría
|
|
Click
aquí
para descargar la última versión de Flash Player.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||