Noticias
7 de febreiro de 2010
O Burela FSF Pescados Rubén vence o Gironella e escala ata a cuarta praza

O Burela FSF Pescados Rubén inicia a segunda volta da División de Honra cunha sufrida vitoria (4-3) ante o Gironella. Con estos tres puntos, o conxunto dirixido por Javier Pardeiro alcanza a cuarta posición tras o empate do Murcia e a derrota do Atlético de Madrid.

No duelo ante o conxunto catalán, a escuadra burelense tivo que loitar ata o final para dobregar a un Gironella que ofreceu unha boa imaxe. O Burela iniciou o partido moi concentrado e activo en ataque pero o seu dominio non se plasmou ata que Lidia, no minuto 11, atopou o oco preciso para establecer o 1-0. As visitantes presionaban con afán logrando minimizar o perigo laranxa, pero en ataque as súas aparicións eran esporádicas e de escaso perigo. No minuto 16, Souza conseguiu ampliar a renda local que, pouco despois, recortou María ao finalizar unha estratexia tras un córner. Cando parecía que o 2-1 ía ser o resultado ao descanso, emerxeu a figura de Lucía que, cun disparo seco e axustado ao pau, situou o 3-1 no marcador.

Na segunda parte, o Gironella aproveitou o descoido xeral das locais para crear un par de ocasións claras que Jozi eliminou coas senllas intervencións. Tras estes avisos, o Burela retomou o control e Dolo puido sentenciar tras un brillante pase interior de Souza e nun man a man ante a meta visitante, que frustrou ambos os intentos. As locais non sentenciaban e o xogo foise equilibrando. Jozi volveu responder ás esixencias dun Gironella que, instantes despois, logrou o 3-2 nunha grande acción combinativa.

A emoción aumentou aínda máis cando Bosch, minuto 34, empatou o choque tras un saque de esquina. O Burela respondeu con enteireza ao impulso catalán, xa que Lidia e Souza gozaron de dúas grandes ocasións fallidas que Claudia fixo olvidar tras marcar o 4-3 a pase de Souza O Gironella intentou a opción de porteira-xogadora pero Pardeiro respondeu coa mesma moeda e o marcador permaneceu impasible ata o asubío final.  

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores