|
Mércores, 8 de Setembro de 2010
Visitante nº
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Lunes, 8 de Febrero de 2010
Brais, Turero e Manu entran na convocatoria final de Galicia Sub-20 para o nacional
![]() Os burelistas Brais, Turero e Manu vestirán a camisola de Galicia no Campionato Nacional de Seleccións Territoriais Sub-20, que se desenvolverá en Santiago de Compostela entre o 10 e o 14 de febreiro. No Grupo A, o combinado galego debutará o xoves 11 ante o perdedor do encontro Asturias-Aragón e, ao día seguinte, tocaralle enfrontarse ao vencedor do devandito encontro. A selección de Santiago Valladares clasificarase para as semifinais, do sábado, no caso de quedar campioa de grupo ou ser a mellor segunda. Castela e León, Melilla e Illas Balearas compoñerán o Grupo B e o C estará formado por Cataluña, País Vasco e Estremadura. Xunto aos xogadores laranxas, que participaron hoxe no último adestramento do combinado (pavillón compostelán Pontepedriña, 17.00 horas), completan a convocatoria irmandiña Antonio Diz, Alejandro Míguez e Iago Míguez, do Azkar Lugo; Ignacio Soage, Héctor Garrote e Diego Quintela, do Autos Lobelle; David Rouco, do Puerto Celeiro; Álvaro Velasco, do Coruxo FCFS; e David López, do Parrulo FS. Xoves 11 de febreiro 13.00 horas- Perdedor Asturias/Aragón-Galicia Venres 12 de febreiro 12.30 horas- Gañador Asturias/Aragón-Calicia Sábado 13 de febreiro 10.00 horas- 1ª SEMIFINAL Domingo 14 de febreiro 9.00 horas- 3º e 4º POSTO |
|
Click
aquí
para descargar la última versión de Flash Player.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||