Noticias
10 de febreiro de 2010
A bomboneira tinguirase de Entroido Laranxa para o Burela FS-BP Andorra (luns 15, 21.00)

O CD Burela FS celebrará o Entroido Laranxa o 15 de febreiro (21.00 horas), en Vista Alegre, coa décimo sexta xornada, ante o BP Andorra, aprazada o pasado 9 de xaneiro por inclemencias meteorolóxicas.

Para todas aquelas persoas que acudan disfrazadas ao partido o acceso ao pavillón será gratuíto. Ademais, o espectáculo futbolístico tamén se aderezará con premios cedidos por Living Sport, a casa de turismo rural A Fiallega e A Parrillada de Jandro e destinados aos mellores disfraces nas categorías de grupos, parellas e individual; nesta última concursarán os menores de 16 anos.

 

PREMIO DE GRUPOS

Cocido na Parrillada de Jandro para 10 comensais

 

PREMIO DE PARELLAS

Noite para 2 persoas na casa rural A Fiallega (cea, aloxamento e almorzo)

 

PREMIO INDIVIDUAL INFANTIL

Equipamento completo do Burela FS, doado por Living Sport

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores