Noticias
11 de febreiro de 2010
A Galega Sub-20 debuta con 4-0 ante Asturias

A Selección Galega Sub-20 fixo hoxe o seu debut no Campionato Nacional de Seleccións Territoriais de Santiago de Compostela con vitoria clara (4-0) ante Asturias.

O conxunto de Santiago Valladares amosou un dominio transparente durante os corenta minutos dun encontro no que participou toda a comitiva galega. Os burelistas Brais e Turero formaron parte do cinco inicial xunto a Iago Míguez, David López e Héctor; tamén xogaron Manu, Antonio, Jandri, Santi, Diego e Álvaro.

O tempo de descanso chegou coa vantaxe de 2-0, grazas á finalización de Iago Míguez (minuto 5) e Antonio (minuto 10). Coa reanudación, Jandri puxo o 3-0 (minuto 26), que culminou de novo Iago, a tres minutos do asubío final.

O próximo rival dos galegos será Aragón, que venceu onte aos asturianos por un contundente 7-1. O encontro será mañá ás 12.30 horas, no pavillón compostelán de Santa Isabel.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores