Noticias
12 de febreiro de 2010
Castela e León, rival dos galegos sub-20 na semifinal do Nacional

Galicia disputará as semifinais do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais Sub-20 fronte a Castela e León; será mañá, ás 12.00 horas, no pavillón compostelán Multiúsos.

Tras a vitoria de onte fronte a Asturias (4-0), o combinado galego conseguiu clasificarse para a fase final grazas ao triunfo de hoxe ante Aragón (4-1), que lle proporcionou a primeira praza do grupo.

Para esta cita, o seleccionador Santiago Valladares optou por Brais, David, Iago, Diego e Héctor no cinco inicial; tamén xogaron Turero, Manu, Antonio, Jandri e Santi. O combinado galego soubo resolver un encontro moi igualado na primeira parte (1-1); Iago, por partida dobre, Jandri e Antonio foron os goleadores irmandiños da xornada.

Cataluña e Melilla serán os protagonistas da outra semifinal (10.00 horas). A loita polo terceiro e cuarto posto e a final decidiranse o domingo a partir das 9.00 horas.


Sábado 13 de febreiro

10.00 horas- Cataluña-Melilla
12.00 horas- Galicia-Castela e León
Lugar: Pavillón Multiúsos

 

Domingo 14 de febreiro

9.00 horas- 3º e 4º POSTO
11.00 horas- FINAL

Lugar: Pavillón Multiúsos

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores