Noticias
13 de febreiro de 2010
Vitoria traballada do conxunto laranxa ante o Campillos (0-1)

As mulleres do Burela FSF acadaron unha importante vitoria ante o Campillos por 0-1, con gol de Dolo logo dunha boa xogada de triangulación desta con Claudia e Rosana. As de Pardeiro sufriron máis da conta para dobregar o conxunto local, en parte debido á boa actuación da porteira do Campillos, que detivo varias ocasións claras de gol.

O tanto de Dolo chegou nada máis iniciarse o segundo tempo (0-1. Minuto 22), logo dunha rápida combinación en ataque. Os minutos restantes ata o final do partido foron un monólogo laranxa. Malia que as burelás non foron capaces de anotar ningún tanto máis, deixaron constancia da súa superioridade.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores