Noticias
15 de febreiro de 2010
Brais, Turero e Manu, campións de España coa celeste sub-20

Os xogadores do Burela FS Brais, Turero e Manuel puideron adestrar hoxe de laranxa sendo campións de España. Os tres burelistas conseguiron o título do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais Sub-20 con Galicia onte en Santiago de Compostela, tras vencer ao combinado de Melilla por 4-3.

Os galegos plantáronse na final despois de impoñerse por un nutrido 8-4 a Castela e León nas semifinais. Pola súa banda, os melillenses conseguiron o pase definitivo grazas aos penaltis, tras o empate ante Cataluña (2-2).

Con desvantaxe de 0-1 ao descanso, os pupilos de Santiago Valladares reactivaron as súas armas no segundo período. Os goles de Diego e Iago Míguez achegáronlle o título a Galicia, adiantándose 2-1. No empate, as cinco faltas no cómputo celeste motivaron os irmandiños para a saída do porteiro-xogador. A decisión axiña tivo recompensa coas finalizacións novamente de Diego e Iago; un acerto que lles deu aos galegos a renda suficiente para que Melilla non os alcanzara no marcador.


Ficha técnica

GALICIA: Brais, Turero, Héctor, David e Antonio; no cinco inicial; tamén xogaron Álvaro, Iago, Manu, Diego, Jandri e Santi.

MELILLA: Yiyo, Hamza, Yosef, Faisa e Bidal, no cinco inicial; tamén xogaron Sufián, Zoher, Tabernero, Sidi e Alex.

GOLES: 0-1 Sufián (minuto 20), 1-1 Diego (minuto 23), 2-1 Iago (minuto 29), 2-2 Josef (minuto 31), 3-2 Iago (minuto 38), 4-2 Diego (minuto 38), 4-3 Hamza (minuto 39).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores