Noticias
17 de febreiro de 2010
O Burela FS estará arroupado pola Pataca Naranxa en Xixón (7 de marzo)

O Burela FS estará arroupado pola afección da peña A Pataca Naranxa no seu desprazamento a Xixón o 7 de marzo (12.00 horas), na vixésimo terceira xornada de Prata.

A comitiva laranxa partirá de Burela o sábado 6, ás 14.30 horas, dende a estación de servizo da vila. O prezo da viaxe, destinada tan só aos socios/as da peña, será de 35 euros e incluirá aloxamento, almorzo e comida do domingo, ademais da entrada para o partido.

Todas aquelas persoas interesadas en participar na gran festa da Pataca Naranxa poderán facer a súa reserva ata o venres 26 de febreiro ingresando a antedita contía en La Caixa (2100-2460-84-0200039874), indicando nome e apelidos.

 

Teléfono de contacto: 607 74 87 86

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores