Noticias
17 de febreiro de 2010
Femesala Elche, rival laranxa na Copa de España (9-11 de abril)

O Femesala Elche, líder actual da División de Honra, será o rival do Burela FSF Pescados Rubén nos cuartos da XVI Copa de España de Fútbol Sala Feminino o 9 de abril, en Ourense. Así se deu a coñecer o luns pasado na sede da Real Federación de Fútbol en Las Rozas (Madrid) tras o sorteo dos emparellamentos.

Os cruzamentos realizáronse entre os catro primeiros ao remate da primeira volta, por unha banda, e os tres restantes, xunto ao anfitrión, pola outra.

Venres 9 de abril, CUARTOS

1º Cajasur Córdoba-FSF Diamante Rioja
2º Femesala Elche-Burela FSF Pescados Rubén
3º FSF Móstoles Cospusa-FSF UCAM Murcia
4º Ponte Ourense SAD-Atlético de Madrid Navalcarnero

Sábado 10 de abril, SEMIFINAIS

1ª SEMIFINAL: Gañador do primeiro partido-Gañador do segundo partido
2ª SEMIFINAL: Gañador do terceiro partido-Gañador do cuarto partido

Domingo 11 de abril, FINAL

Gañador da 1ª semifinal-Gañador da 2ª semifinal

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores