Noticias
20 de febreiro de 2010
O Cajasur consuma a súa vinganza e gaña por 1-4 en Vista Alegre

O Cajasur Córdoba consumou a súa vinganza ao dobregar o Burela FSF Pescados Rubén, único conxunto que as derrotou no seu feudo, por 1-4 nun partido que esixiu o máximo esforzo das cordobesas. Desde o inicio, o conxunto burelense apostou polo contragolpe como arma para sorprender ao potente cadro andaluz que asumiu o dominio do xogo con naturalidade.

A aposta tivo recompensa para o Burela cando Lidia, tras unha parede e continuación, sorprendeu a Patri para establecer o 1-0. O marcador reforzou as locais aínda que co paso dos minutos os seus contragolpes eran máis esporádicos. Pola súa banda, as visitantes dominaban a posesión e cercaban, aos poucos, a meta defendida por Jozi que desbaratou en varias ocasións o empate cordobés.

Ante o asedio dos últimos minutos, Javier Pardeiro, técnico local, recorreu a Dolo como porteira-xogadora para contrarrestar o perigo do Cajasur, que viu como se chegou ao descanso co marcador inalterable.

O segundo período mantivo as características iniciais pero Ampi conseguiu a igualada, ao aproveitar unha indecisión laranxa, a porta baleira no minuto 26. A resposta local non tardou en chegar e Lucía desaproveitou, tras un taconazo de Rosana, un man a man con Patri que puido variar o rumbo do choque.

O Córdoba non se conformaba co empate e continuou co seu acoso ao muro laranxa, que se derrubou cando Sarita culminou un excelente contragolpe, minuto 35. No tramo final do choque o Burela buscou a igualada pero a maior calidade e frescura cordobesa acabou impóndose. Ampi e Sarita sentenciaron o choque ao marcar o terceiro e cuarto tanto, respectivamente, redondeando co seu dobrete goleador o excelente partido de ambas.  

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores