Noticias
27 de febreiro de 2010
A cuarta praza de Honra volve ser laranxa tras o 2-4 do Burela FSF ante Kupsa Logroño

O Burela FSF Pescados Rubén non desaproveitou a oportunidade que lle brindaba a vixésimo primeira xornada da División de Honra. A vitoria recollida hoxe ante o Kupsa 4 Arcos Logroño, por 2-4, catapulta as laranxas dende a sexta ata a cuarta praza, tras a derrota do Navalcarnero en Córdoba.

As xogadoras mariñás chegaron a Logroño e fixeron o que debían sen demasiadas complicacións na pista. No minuto 10, o Burela FSF xa gozaba dunha clara vantaxe de 3-0. Souza foi a encargada de abrir a lata goleadora (minuto 8), tras un pase de Ro, que tamén interveu na finalización de Lidia (minuto 9); o terceiro tanto chegou, de novo, da ferrolá Lidia, que conseguiu superar a porteira rival tras un roubo de balón. O perigo logroñés materializouse a falta de dous minutos para o asubío do descanso por un erro na defensa laranxa.

Na segunda parte, a dinámica do encontro mantívose inalterable, aínda que con descenso do espectáculo goleador. A garra brasileira volveu aparecer nas zapatillas de Souza, que sentenciou o 1-4 (minuto 27), propiciado dende un saque de banda de Ro. A escasos segundos do final, Sandra maquillou o resultado co 2-4.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores