Noticias
1 de marzo de 2010
O meta Juan, novidade nos adestramentos de Galicia Sub-18

O gardameta do Burela FS xuvenil Juan Quiroga será a novidade laranxa no adestramento da Selección Galega Sub-18 previsto para hoxe, no pavillón compostelán de Pontepedriña (17.00 horas). Xunto a el tamén acudirá o burelista Manu, un habitual nas últimas convocatorias de Santiago Valladares.

Completan a sesión preparatoria para a final do nacional (18-21 marzo, Melilla) Antonio Diz, Ángel Trabada e Jorge Pérez, do Azkar Lugo; Pablo Tallón, David Pazos e Marcos Fernández, do Autos Lobelle; Iván Rey, do Puerto Celeiro; Óscar Morgade e Pablo Parra, do Coruxo FS; e Adrián Roma, do AD FS Bueu.

Integrada no primeiro grupo, Galicia terá que medirse a Melilla e Cataluña. Madrid, Andalucía e Castela-A Mancha formarán o segundo grupo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores