Noticias
1 de marzo de 2010
Homenaxe aos éxitos da canteira laranxa

O CD Burela FS homenaxeou o sábado pasado a Brais, Turero e Manu, os tres xogadores laranxas que se proclamaron campións de España con Galicia Sub-20 no recente nacional de Santiago de Compostela (14 de febreiro).

Así, nun acto previo ao encontro da División de Prata Burela FS-Illescas, os directivos do club Manuel Blanco e Antonio Rodenas entregáronlles uns trofeos conmemorativos a estas promesas do fútbol sala, na pista de Vista Alegre. Os xogadores burelistas tamén recibiron un recordo da súa gran fazaña da peña A Pataca Naranxa, representada por Emilia Fraga.

Brais, Turero e Manuel son un dos mellores exemplos da aposta que dende o seu nacemento, en 2001, fai a entidade mariñá polo deporte de base. Os dous primeiros deportistas accederon ao primeiro equipo masculino esta tempada, despois de formarse nas categorías inferiores do club; Manu, aínda en idade xuvenil, incorporouse ao cadro laranxa este inverno, tras realizar a pretempada baixo as ordes de Suso Rey e entrar en diversas convocatorias da liga 2009-10.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores