|
Xoves, 9 de Setembro de 2010
Visitante nº
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Viernes, 5 de Marzo de 2010
O Burela FS plantarase en Xixón co sexto xogador
![]() O Burela FS ultima os preparativos para unha cita de vertixe que o trasladará á comunidade veciña de Asturias para enfrontarse ao Gijón-El Llano o domingo. Ás 12.00 horas, o cadro de Suso Rey plantarase na pista do Pazo dos Deportes co sexto xogador, a afamada afección laranxa, camuflado nas bancadas. Máis dun centenar de seareiros da peña A Pataca Naranxa animará o conxunto burelista no duelo directo ante os xixoneses, no que se dirimirá a titularidade da segunda praza no Grupo Norte de Prata. Tres puntos avantaxan os mariñáns (42) do terceiro posto, ostentado polos asturianos (39), e os galegos non o van ter doado para defender o seu privilexio. O Burela FS xa comprobou o potencial da revelación do grupo na primeira volta, caendo por un axustado 2-3, e agora debe empregar todas as súas armas para desartellar un fortín no que só puido vencer o Illescas (3-9) na sétima xornada, verdugo dos xixoneses tamén a semana pasada (5-4). Consciente da transcendencia do encontro e do poder da ‘marea laranxa’, o club asturiano pediu o apoio da cidade en para neutralizar a maxia dunha das mellores afeccións do panorama español. Se a comezos da semana era o técnico, Hugo Nava, o que reclamaba a presenza do público, onte foron os xogadores Luisjo e Aramburu. A xulgar polos ánimos e pola calidade dos implicados, a vixésimo terceira xornada de Prata promete un espectáculo digno da fase de ascenso tanto dentro coma fóra da pista. |
|
Click
aquí
para descargar la última versión de Flash Player.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||