Mércores, 8 de Setembro de 2010
Visitante nº
Versión en galego
Versión en español
Novas
Últimas novas publicadas
Domingo, 7 de Marzo de 2010
O equipo laranxa obsequia a afección desprazada ata Xixón co mellor partido da tempada

O Burela FS cumpriu o obxectivo que, de inicio, se marcara para a viaxe a terras asturianas. Coa vitoria por 1-6, os burelaos dan un paso moi importante para lograr a segunda praza de grupo. Os laranxas obsequiaron a afección desprazada ata Xixón co mellor partido da tempada e gañaron con contundencia a un El Llano que, non obstante, comezou adiantándose no marcador.

Javi, Purao e Dani encargáronse de pór xa por diante o Burela FS nos primeiros vinte minutos (1-3, ao final do primeiro tempo). Purao de novo e Juanma nos últimos momentos do choque deixaron o 1-6 definitivo no electrónico para alegría das máis de cen persoas da Mariña que asistiron ao partido disputado ante pouco máis de trescentas, no Pazo dos Deportes da cidade asturiana.

Click aquí para descargar la última versión de Flash Player.