Noticias
8 de marzo de 2010
Manu e Juan preparan a equipaxe para o Campionato de España Sub-18

O ala Manu e o gardameta Juan representarán o Burela FS con Galicia na fase final do Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-18 (Melilla, 18-21 marzo). Así llo comunicou a Federación Galega de Fútbol ao club mariñán a semana pasada, xunto á convocatoria para un novo adestramento, programado para hoxe, ás 17.00 horas, no pavillón de Pontepedriña, en Santiago de Compostela.

Na convocatoria definitiva de Santiago Valladares tamén figuran Antonio Diz, Ángel Trabada e Jorge Pérez, do Azkar Lugo; Pablo Tallón, David Pazos e Marcos Fernández, do Autos Lobelle; Iván Rey, do Puerto Celeiro; Óscar Morgade e Pablo Parra, do Coruxo FS; e Adrián Roma, do AD FS Bueu.

A expedición irmandiña partirá con rumbo a Melilla na véspera do campionato, compartindo grupo con cataláns e melillenses. Madrid, Andalucía e Castela-A Mancha formarán o segundo grupo.

Cataluña será o primeiro rival para os galegos, o xoves 18, a partir das 19.00 horas. En función deste resultado, Galicia terá que medirse ao conxunto anfitrión o venres 19 ás 18.00 horas, se perde, ou o sábado 20 ás 19.00 horas, se gaña. O domingo decidiranse o terceiro e cuarto posto (10.30 horas) e a final (12.30).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores