Noticias
13 de marzo de 2010 Foto: Carlos Echevarría
As burelás ven escapar o partido ante o Torrejón (1-2) no último minuto

Último minuto fatídico para o Burela FSF Pescados Rubén hoxe en Vista Alegre. As pupilas de Javier Pardeiro viron escapar o partido ante o pechacancelas de Honra, o Pinto Cellosa Torrejón (1-2), faltando corenta segundos para o asubío final.

Nada facía presaxiar este desenlace. Co talismán de Vista Alegre, o cadro laranxa comezaba o encontro dominando, aínda que sen moita concentración. Pouco a pouco, as xogadoras burelistas atoparon a súa posición na pista, presionando o rival cun continuo asedio sobre a portería rival, que se intensificou no tramo final da primeira parte. A precisión non foi a aliada do Burela FSF neste período e tivo que conformarse con marchar ao descanso co electrónico inalterado. 

Na segunda parte apareceron as primeiras tentativas madrileñas por perforar a meta de Jozi, sen moito perigo. Os goles fixéronse esperar, pero o empeño laranxa viuse recompensado. Foi Lidia a encargada de proporcionarlle ao Burela FSF a vantaxe do 1-0 (minuto 31), disipada por Rocío Toledano (minuto 35) nunha xogada en solitario dende a súa pista.

A saída de Souza como porteira-xogadora foi a baza de Pardeiro, que se converteu nunha arma de dous gumes. As laranxas crearon moito perigo, con ocasións claras ante a porteira madrileña, pero tamén tiveron que sufrir por erros no ataque. A falta de corenta segundos para o final chegou o segundo gol do Torrejón dunha falta dende o bordo da área, que pegou en Dolo e entrou na meta burelá. As mariñás loitaron pola igualada, cunha oporturnidade, incluso, no último segundo de Claudia que a porteira rival despexou coa xema dos dedos. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores